O vindeiro 8 de xuño, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), en colaboración con outras entidades, desenvolven unha xornada técnica co Programa Nacional de Prevención, Control e Erradicación da IBR, titulada “Aportacións ao coñecemento da distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoHV-2) na cabana vacuna galega”. Poderase asistir de xeito presencial ou on-line, e para inscribirse é necesario cubrir este formulario.
Esta xornada está dirixida a técnicos veterinarios da Consellería do Medio Rural, ADSG e en xeral de gando bovino de Galicia. Nela abordaranse cuestións como a situación actual e perspectivas de futuro da enfermidade e do seu programa nacional, diagnóstico laboratorial de IBR, aplicacións do programa de calificación oficial, ou o programa de IBR no contexto galego.
A base normativa que establece a clasificación sanitaria das explotacións gandeiras cínguese ao Real Decreto 554/2019, de 27 de setembro, polo que se establecen as bases das actuacións de prevención, control e erradicación da Rinotraqueítis Infecciosa Bovina (IBR) e se establece un programa nacional voluntario de loita contra dita enfermidade, e tamén, pola Orde de 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2023- 2024.
Nesta ocasión participarán representantes do Ministerio de Agricultura, do Laboratorio Nacional de Referencia, da CCAA de Andalucía, de Guipúzcoa, do Laboratorio de Sanidade Animal (Lasapaga) e coa participación da Subdirección Xeral de Gandaría e do propio CIAM. Cómpre engadir que na súa organización tamén participa a Subdirección Xeral de Gandaría, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e colabora a Fundación Juana de Vega.
Programa da xornada: