Xornada técnica na Capela sobre sanidade nas ganderías de vacún

becerros rubia galega pastoreo ciam 1O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL) organiza este vindeiro martes, 4 de novembro na Cooperativa Campo Capela, no concello coruñés homónimo, unha xornada técnica sobre vixilancia sanitaria nas ADSG de Galicia.

Os obxectivos son informar as persoas implicadas no sector da produción gandeira de vacún sobre os traballos que se están a realizar na liña de investigación C7 da Agacal; concienciar as gandeiras e os gandeiros sobre
o uso responsable de antibióticos e a actualización das enfermidades emerxentes transmitidas maioritariamente por mosquitos.

A inscrición é gratuíta, previa presentación de solicitudes en
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
Código da acción formativa: TT2025F115006

Coordinadora: Carmen Calvo Santalla, 881 881 814, carmen.calvo.santalla@xunta.gal

Velaquí o programa:

sanidade animal a capela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información