Xornada técnica este martes no CIAM sobre mellora na fertilización das pradeiras

O vindeiro martes, 29 de novembro, celebrarase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) unha xornada técnica sobre “A Fertilización das pradeiras”.

A xornada está dirixida a gandeiros de vacún ou persoas con expectativas de incorporación interesados en mellorar a produtividade das pradeiras para a alimentación de gando. 

O programa da xornada é o seguinte:

10:00-10:15 horas. Presentación da xornada.

10:15-10:45. As aplicacións web RAX de recomendación de abonado con xurro nas pradeiras. Mª Isabel García Pomar. Investigadora CIAM-AGACAL.

10:45-11:15 horas. Fertilización de pradeiras con xurros. Resultados do campo de ensaio (TT2022/075). Dolores Báez Bernal. Investigadora CIAM-AGACAL.

11:15-11:45 horas. Descanso.

11:45-12:15 horas. Estratexias de fertilización de pradeiras en ecolóxico. Joan Alibés Biosca. Técnico de Beealia Asesoramento e Xestión de Ganderías.

12:15-12:45 horas. O uso da roca fosfórica como fertilizante ecolóxico nas pradeiras. Resultados do campo de ensaio (TT2022/076). Mª Isabel García Pomar. Investigadora CIAM-AGACAL.

12:45-14:00 horas: Demostración de aplicacións de xurros na finca do CIAM. Mª Isabel García Pomar, Dolores Báez Bernal, Juan Valladares Alonso

As solicitudes de inscrición pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico a ciam.cmr@xunta.gal 

Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 14 de novembro.  

Xornada realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de galicia 2014-2020. 

 

DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

DESCARGA DÍPTICO DA XORNADA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información