Xornada técnica en transformación da produción ecolóxica

A Aula de Produtos Lácteos acolle o 30 de outubro unha sesión centrada nas conservas vexetais. Organiza a Oficina Agraria de Lugo

Publicidade
Publicidade
Xornada técnica en transformación da produción ecolóxica

Aula de Produtos Lácteos da USC.

Data inicio: 30/10/2017
Data fin: 30/10/2017
Lugar: Aula de Productos Lacteos, Rúa Montirón, Lugo, España

A Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago (USC), ubicada no campus de Lugo, acolle o 30 de outubro unha xornada técnica adicada á elaboración e transformación na produción ecolóxica. A sesión é gratuíta pero de obrigada inscripción previa, cun máximo de 15 asistentes. O programa é o seguinte:

9.00 h. – Inauguración. Representante da Consellería do Medio Rural.

9.15 h. – Situación e reflexións sobre a situación da industria da conserva vexetal en Galicia e a súa relación con outros sectores de actividade desde a perspectiva das microempresas.

10.15 h. – Seguridade alimentaria e conservas vexetais. Revisións dos puntos de control críticos habituais. Parámetros fundamentais no control do crecemento microbiano.

11.45 h. – Fundamentos do funcionamento autoclave e intercambiador de calor.

12 h. – Laboratorio / Cociña: elaboración de tres conservas vexetais: ao natural, marmelada e fermentado.

16.30 h. – Laboratorio / Cociña: esterilización de conservas vexetais.

17.30 h. – Calidade comercial das conservas vexetais. Breve revisión das incidencias habituais no que se refire á calidade comercial das conservas.

Relatores
– José Ángel Carballeira Fernández. Técnico do Aula de Produtos Lácteos.

– Cándido Martínez. Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Posgrao en xestión de empresas alimentarias. Na actualidade é responsable de compras na cooperativa de consumidores Consumo Consciente Verde. Foi entre 2004 e 2010 responsable de produción da empresa Alimentos Amorodo.

A inscripción pode facerse no correo electrónico xan.neira (arroba) usc.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *