Xornada técnica en Portomarín sobre vixilancia sanitaria do gando

Un encontro en Portomarín abordará enfermidades, aplicacións informáticas e o uso responsable de medicamentos na gandaría

Xornada técnica en Portomarín sobre vixilancia sanitaria do gando

Imaxe de arquivo.

O 20 de novembro terá lugar aVixilancia sanitaria nas ADSG de Galicia. Enfermidades e aplicación informáticas” no Pazo do Xeneral Paredes, en Portomarín (Lugo).

Organizada por CIAM-AGACAL e coa colaboración da Subdirección Xeral de Gandaría, ADSG Terra de Ulloa-Pallares e ADSG Paradela, esta acción está cofinanciada polo Feader nun 60%, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 12% e pola Comunidade Autónoma de Galicia nun 28%.

A xornada ten como obxectivo informar sobre os traballos de investigación da liña C7 da Agacal, centrados na produción de alimentos seguros e saudables mediante a vixilancia da produción primaria e da sanidade animal.

Trataranse temas como os programas sanitarios das ADSG de gando vacún en Galicia, incluíndo plans de alerta sanitaria, enfermidades de declaración obrigatoria en España e na UE, ou as incluídas no código zoosanitario da OMSA.

Tamén se abordará o uso responsable de medicamentos veterinarios, especialmente antimicrobianos, e o uso de ferramentas web como PRESVET e a Oficina Agraria Virtual para a xestión e comunicación.

Programa da xornada:

16:00-16:30: Resistencia aos antimicrobianos e concepto One Health, unha soa saúde

  • Relatora: Verónica Gómez Gómez. CIAM-AGACAL

16:30-17:00: Xermes detectados nas granxas de vacún en relación coa saúde humana

  • Relatora: Sofía Vázquez Rodríguez. ADSG Terra de Ulloa-Pallares

17:00-17:30: PRESVET: contribuíndo ao uso responsable de antibióticos veterinarios

  • Relator: Antonio Montenegro Criado. Subdirección Xeral de Gandaría

17:30-17:50: Pausa
17:50-18:20: Control de enfermidades nas ADSG: BVD/IBR/EHE

  • Relator: Ignacio Arnáiz Seco. Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo

18:20-18:50: A Oficina Agraria Virtual

  • Relator: Santiago Martínez Calvo. Subdirección Xeral de Gandaría

18:50-20:20: Mesa redonda sobre os temas dos relatorios

  • Moderadora: Carmen Calvo Santalla. CIAM-AGACAL

Inscrición

PRESENTAR AS PRE-SOLICITUES NA OFICINA VIRTUAL DO MEDIO RURAL:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Coordinadora: Verónica Gómez Gómez. Máis información: 881 881 815 e veronica.gomez.gomez@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información