Organizada pola Cooperativa Xallas e Africor Coruña, en colaboración co Concello de Santa Comba, a Deputación da Coruña, a ADSG Santa Comba e a Xunta de Galicia, a xornada contará coa intervención de destacados profesionais que abordarán cuestións como a mellora xenética, enfermidades emerxentes ou o manexo de tenreiras nas amamantadoras.
En concreto, a xornada comezará ás 11:00 horas coa intervención de Raúl Martínez Fernández, técnico de rumiantes en Laboratorios Syva, que falará sobre “Enfermidades Emerxentes, EHE e lingua azul”. A continuación, José Antonio Jiménez Montero, xefe do departamento técnico de CONAFE, analizará como a xenómica axuda aos gandeiros a deseñar as vacas do futuro.
Por último, Carlos Carbonell, técnico veterinario en MSD, presentará unha ponencia sobre “Manexo de tenreiras en amamantadoras: Do nacemento ao destete”.