Xornada técnica de manexo de produtos de teledetección forestal

A iniciativa vén derivada do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG) e levarase a cabo en Lugo

Publicidade
Xornada técnica de manexo de produtos de teledetección forestal

O Edificio Administrativo de Lugo (Xunta de Galicia) acolle unha nova xornada técnica do manexo de produtos de teledetección derivados do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG). A cita, que organiza o Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, será o luns 24 de novembro e empezará ás 16:00 horas.

A primeira sesión centrarase na metodoloxía de elaboración de produtos de teledetección do IFCG, da man de Julia Armesto, da Universidade de Vigo. Seguirá un obradoiro práctico sobre a consulta e descarga dos produtos de teledetección do IFCG, con Andrés Rodríguez Dorna, tamén da Universidade. Finalmente, faranse aplicacións dos produtos de teledetección do IFCG, con Juan Picos da Universidade de Vigo.

Para asistir é necesario inscribirse.

Programa_XT_xornada_teledetección_IFCG_nov_25_v2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información