Africor Pontevedra organiza o vindeiro venres, 28 de marzo, en Finca Mouriscade (Lalín) una nova edición das súas xornadas técnicas.
A xornada será inagurada ás 10:45 horas por Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra. A continuación, Ángel Miranda, director da División Gandeira de CLUN, ofrecerá unha charla centrada na importancia dun bo ensilado tanto da herba como do millo.
Ás 12:00 horas, Juan José Núñez, KAM Postvenda de SenseHub-MSD, explicará os usos prácticos a identificación electrónica na granxa.
Seguidamente, Ramiro Fouz, profesor da Facultade de Veterinaria de Lugo e coordinador de CEGACOL, presentará unha ponencia sobre “Canto pode durar unha vaca?”.
Por último, Jesús Manteiga, presidente de Africor Pontevedra, clausurará a xornada, que concluirá cun xantar.
Para asistir é preciso inscribirse chamando ao 986 580 462