Xornada técnica da Evega sobre enxertos e portaenxertos en viñedo

Publicidade

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 5 de novembro unha xornada técnica co título “A PROCURA DO EQUILIBRIO VEXETATIVO- PRODUTIVO E A DURACIÓN DO VIÑEDO: O ENXERTO E O PORTAENXERTOS”

Esta actividade desenvolverase baixo a modalidade ON LINE no marco do “Xantar 2021. Feria Internacional de Turismo Gastronómico”. Na mesma colaboran Expourense e a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 2 de novembro agás que se esgoten antes as prazas.

Programa:

09:45 – 10:00 Proba de preprodución, presentación da xornada e do proxecto VINIoT “Servizo de viticultura de precisión baseado en rede de sensores IoT para a transformación dixital de pemes no espazo SUDOE” desenvolto pola Evega.
10:00 – 10:45 O enxerto, ese gran descoñecido. Relator: Dr. Luis Gonzaga Santesteban. Responsable da Área de Viticultura da Universidade Pública de Navarra.
10:45 – 11:00 Pausa-café
11:00 – 11:45 Resposta produtiva-vexetativa da variedade Albariño fronte a distintos portaenxertos. Unha experiencia da EVEGA. Relator: Beatriz Castiñeiras Gallego. Técnico da Evega.
11:45 – 12:15 Táboa redonda
12:15 – 12:30 Conclusión e peche da xornada. Moderador: Emilia Díaz Losada

Procedemento  de inscrición:

1.- Inscrición previa xuntando a folla de inscrición cuberta e remitíndoa a evega.medio-rural@xunta.gal.

2.- A dita inscrición confirmarase a través do enderezo electrónico e o enlace ao evento subministrarase con 24 h de antelación.

Pode descargar o formulario de inscrición neste enlace.

EVEGA-procura-equilibrio-vinedo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información