Data inicio: 02/10/2019
Data fin: 02/10/2019
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España
O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa organiza este mércores, 2 de outubro, en Coristanco unha “Xornada sobre xestión conxunta e posta en valor das terras de uso agrario”.
A actividade dirixida ao alumnado do CFGS de Paisaxismo e Medio Rural, pero poden participar outras persoas, previa inscrición chamando ao 981 733 051.
Velaquí o programa:
12,00 Presentación
12,10 “As SOFOR: unha oportunidade para o aproveitamento do minifundio forestal”. Marisé García Hermida, presidenta de AFOAF (Asociación de Fomento de Ordenación Agro Forestal), e José Fernando Enjamio Gándaras, enxeñeiro de montes e secretario de AFOAF
12,45 “Ferramentas para a xestión conxunta das terras agrarias”. José Fernando Enjamio Gándaras, enxeñeiro de montes, e secretario de AFOAF, e Domingo Daniel Canosa Blanco, técnico forestal
13,30 Coloquio sobre os temas tratados
15,00 Saída para as visitas
15,45 Visita á SOFOR de Olveira (Dumbría)
17,30 Conclusións (Local Social de Olveira – Dumbría)