O Sindicato Labrego Galego organiza o vindeiro 14 de novembro en Ordes unha xornada sobre xenética do gando adaptada ao pastoreo.
A formación será impartida por Antonio Tucci e constará de dúas partes:
-Manexo axeitado dos pastos para unha maior eficiencia.
-A xenética do pastoreo, que consiste en entender a eficiencia de converter a forraxe en carne ou leite.
A formación impartirase no Salón de Plenos do Concello de Ordes en horario de 10:00 a 14:00 horas. A continuación haberá xantar con pinchos incluído, e pola tarde (de 14h a 18h) visitarase unha granxa para ver de primeira man os conceptos aprendidos durante a mañá.
A inscrición é gratuída enviando un correo a ordes@sindicatolabrego.gal ou chamando ao 981 68 29 08
Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e coa colaboración do Concello de Ordes.

Galego









Control OJD