“O Cultivo da Vide nas Reservas de Biosfera” é o título da cuarta edición dos “Encontros Axenda 2030 – Traballando polos ODS”, organizados polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) co apoio da Deputación da Coruña.
Esta xornada busca achegar o concepto de viticultura biodinámica e salientar a importancia dos solos e da paisaxe nos matices e sabores do viño. O evento reflexionará sobre formas de consumo e produción sostibles, abordando os retos do ODS 12.
Tamén se porá en valor a natureza e as Reservas de Biosfera como modelos de produción primaria sostible e espazos clave para a biodiversidade xenética. Compartiranse experiencias de viticultura replicables noutros territorios.
O encontro celebrarase o 7 de xullo ás 10:00 horas no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Contará coa participación en liña de Nicolás e Virginie Joly, pioneiros mundiais da viticultura biodinámica, e coa intervención de Guillaume Barrier, director técnico de Pagos de Brigante.
Ademais, Alfredo Maestro e Laura Montero presentarán novas tendencias en viticultura. Alejandro Paadín abordará como as Reservas de Biosfera poden engadir valor ao viño e conservar variedades xenéticas.
A xornada é gratuíta e aberta ao público, aínda que require inscrición previa nesta ligazón. O programa é o seguinte:
7 DE XULLO
10.00 h.- Inauguración dos Encontros
10.30 h.- O Viño, do ceo á Terra. A Viticultura Biodinámica (online)
- D. Nicolas Joly e Dna. Virginie Joly. Viticultores franceses, pioneiros na Viticultura Biodinámica no mundo.
11.00 h.- Alternativas naturais aos pesticidas. Fitoterapia agrícola. Elaborando Viños Atlánticos en Betanzos
- D. Guillaume Barrier. Director Técnico de Pagos de Brigante.
12.00 h.- Viticultura, continuando o camiño marcado pola Natureza
- D. Alfredo Maestro. Viticultor.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA
19.30 h.- Cata de viños Biodinámicos e tradicionais por Alfredo Maestro
- Aula Paadín – Rúa Estanque, 26 O Temple (Cambre)
- Prazas limitadas, custe 25,00€
- Máis información e reserva de prazas: info@paadin.es
8 DE XULLO
10.00 h.- Terroir en Botella
- Dna. Laura Montero Rodil. Consultora de Terroir en Botella.
11.00 h.- As Reservas de Biosfera como reservorio xenético da Vitis vinifera
- D. Alejandro Paadín. Sumiller. Graduado en Enxeñería en Deseño e Desenvolvemento do Producto (Universidade da Coruña) e formado en Dirección Integrada de Proxectos (Universidade de Vigo).
12.00 h.- Mesa Redonda. Reserva de Biosfera: valor engadido ao viño
- Modera: D. Alejandro Paadín
- Participantes: Dna. Laura Montero, D. Alfredo Maestro e Dna. Johanna Suárez, sumiller Árbore da Veira, Michelin.
13.00 h.- Túnel de viños de variedades ancestrais da Reserva de Biosfera