Xornada sobre as vantaxes e inconvintes do monomuxido en vacas de leite

O asesor Xan Pouliquen organiza o vindeiro xoves en Cesuras un encontro de gandeiros onde exporá as claves do sistema de manexo e a técnica de muxir as vacas só unha vez ao día

Sala de muxido móbil

Casa da Fonte, de Pantón, é unha das ganderías galegas que só moxe unha vez ao día nunha sala de muxido móbil

O monomuxido é unha práctica moi pouco habitual en Galicia, aínda que máis frecuente noutros lugares de Europa. Con todo, na nosa comunidade nos últimos anos algunhas ganderías optaron por esta opción, vencellada na maioría dos casos a granxas en ecolóxico con pastoreo día e noite e sistemas de manexo en extensivo do gando.

Casa da Fonte, de Pantón, ou Josmar Gandería, de Baralla, son algúns dos poucos exemplos galegos de granxas que só moxen as súas vacas unha vez ao día. Gañaron con iso calidade de vida, reducindo os horarios de traballo e tendo máis flexibilidade.

Pero alén diso, o monomuxido ten outras vantaxes, como o feito de poder facer un maior aproveitamento das fincas máis alonxadas para pacer o gando, algo que se logra en maior medida se se combina coa incorporación de sistemas de muxido móbil que evitan ter que traer o gando á corte todos os días. 

Casa da Fonte, de Pantón, e Gandería Josmar, de Baralla, son dúas das granxas galegas que moxen unha soa vez ao día

Mais este sistema ten tamén algúns inconvintes, como son unha caída xeral da produción media do rabaño ou maior risco de enfermidades de ubre en vacas con producións altas. 

De todos estes pros e contras falarase o vindeiro xoves, 9 de decembro, en Cesuras, nun encontro organizado polo asesor Xan Pouliquen e que inclúe a visita a unha granxa ecolóxica. As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un email para anotarse a info@xangalicia.com ou chamando por teléfono ao 620806414.

Xornada Monomuxido Xan Pouliquen

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información