O vindeiro mércores, 25 de novembro, terá lugar a xornada “Relatorios sobre os resultados dos ensaios do grupo de fertilización e medio ambiente do CIAM-Agacal”. A xornada será telepresencial mediante a aplicación WEBEX. O día previo enviarase un correo electrónico co enlace para seguir os relatorios.
Os interesados en seguir os relatorios deberán remitir un correo electrónico a grupofer@ciam.gal solicitando a asistencia. Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 24 de novembro.
Programa:
10:00- 10:20 h. “Millo forraxeiro en rotación con varios cultivos de inverno e abonado con diferentes fertilizantes”.
Dolores Báez Bernal. Investigadora do CIAM-Agacal.
10:20-11:30 h. “Uso de drons e parámetros de solo e planta para predecir produción e calidade do millo forraxeiro”.
Manuel López Luaces. CIAM-Agacal.
Federico Cheda Tuya. 3edata.
José Antonio Gay Fernández. Monet.
Mª Isabel García Pomar. CIAM-Agacal.