O Centro de Competencias Dixitais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, organiza o próximo 30 de outubro en Lugo unha xornada técnica e informativa sobre “Dixitalización de aplicacións de xurro (DIGIPURIN).
A xornada celebrarase na Granja Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea, e inclúe demostracións e sesións prácticas coas últimas tecnoloxías para mellorar a aplicación do xurro gandeiro e optimizar o seu valor fertilizante. Nesta actividade colaboran a Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra, a Deputación de Lugo, BIOMODEM, Agrícola Noroeste, Durán Maquinaria Agrícola, Carruxo e Marcos Otero.
A asistencia é gratuíta ata completar aforo, limitado a 50 prazas. Más información e inscrición en: https://digipurin.com/
Programa:
10:00 h – Inauguración da xornada. Aula da Granxa Experimental de Leite
10:15 h – Demostración de sistemas de distribución para a redución de emisións
− Prato de choque
− Varra con tubos colgantes
− Varra con patíns
− Enterrado con reixas
11:30 h – Análise de nutrientes do xurro con métodos manuais
12:00 h – Pausa – café
12:30 h – Análise de nutrientes con sensores de condutividade eléctrica en tanques
de xurro
13:00 h – Análise de nutrientes con sensores de NIRS en tanques de xurro
13:30 h – Demostración de documentación dixital de aplicacións de xurro
− Aplicacións informáticas para rexistrar a aplicación
15:00 – Fin da xornada
Galego









Control OJD