Xornada sobre tendencias nos equipos de muxido

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo programou para este venres unha charla sobre a innovación nas instalacións para muxir e arrefriar o leite

Publicidade
Data inicio: 30/10/2015
Data fin: 30/10/2015
Lugar: Xunta de Galicia, ronda da muralla, Lugo

O salón de actos do edificio administrativo da Xunta en Lugo, na Ronda da Muralla, acolle este venres 30 a xornada ‘Innovación: equipos de muxido e arrefriamento do leite’. A actividade, que se desenvolverá entre as 10 e as 14 horas, está impartida por Antonio Lenza, enxeñeiro agrónomo e técnico dunha empresa do sector.

10 h. – Tendencias en instalacións e equipos de muxido.
12 h. – Tendencias en equipos de arrefriamento e eficiencia enerxética nas explotacións de leite.

Os interesados poden presentar as solicitudes antes das 14 horas do xoves 29 a través do mail jose.rocha.grande@xunta.es, ou ben pólo fax 982-29.49.37. É preciso cubrir este impreso.

Fosas de puríns
Doutro lado, para este martes 27 á tarde, a Oficina Agrária Comarcal de Lugo ten prevista unha charla sobre manexo de resíduos agrários.

O programa previsto para a charla de manexo de resíduos agrários é o seguinte:

16:30 Deseño e aspectos funcionais de fosas de residuos gandeiros. (Jose Antonio López Sierra. Técnico Proxectista deInse Control- Consultoría Técnica).

18:30 Situación da Investigación dos parámetros medioambientais, no deseño de fosas en Galicia ( Juán Carlos Insua Castro. Investigador CIAM).

A actividade está prevista para a sala 1 do segundo andar do edificio administrativo da Xunta en Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *