Xornada sobre tendencias e novidades en produtos lácteos

Publicidade
Data inicio: 21/09/2017
Data fin: 21/09/2017
Lugar: Edificio CINC. Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

O Clúster Alimentario de Galicia organiza un workshop sobre tendencias e novidades no sector lácteo que se celebrará o próximo xoves 21 de setembro en Santiago. Na xornada presentarase ademais un estudo sectorial de tendencias globais en produtos lácteos.

O workshop está dirixido a profesionais do sector alimentario, en especial das áreas de xerencia, comerciais, de marketing e de innovación das empresas do sector lácteo. A sesión enmárcase na liña de traballo do Clúster dirixida a trasladarlle ás empresas asociadas información estratéxica que lles permita adaptarse ás oportunidades que presenta o mercado.

O evento do próximo xoves, orientado ás empresas lácteas, analizará novos lanzamentos e innovacións nas distintas categorías do sector (leites, bebidas lácteas, iogures e queixos). Tamén se amosarán estratexias de posicionamento e mercadotecnia que utiliza a competencia.

A xornada concluirá cunha mesa redonda onde o Clúster dará a coñecer os seus servicios de apoio neste eido. A tódolos participantes faraselle entrega dun estudo sectorial das últimas tendencias globais en produtos lácteos e categorías asociadas.

A inscrición pode facerse a través deste formulario ou no 981-556.062 e info@clusaga.org. Para as persoas non socias do Cluster, a xornada ten un custo de 50 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *