Xornada sobre técnicas de cultivo do castiñeiro para froito en Mabegondo

A actividade, que se desenvolverá o 28 e 29 de novembro, incluirá ponencias de técnicos e propietarios, así como unha visita a plantacións en monte

Xornada sobre técnicas de cultivo do castiñeiro para froito en Mabegondo

Souto de castiñeiros. / Arquivo.

O xoves 28 e o venres 29 de novembro desenvolverase a xornada “Técnicas de cultivo do castiñeiro para froito” no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). O programa inclúe o primeiro día relatorios de técnicos e profesionais do sector, así como unha mesa redonda con propietarios. Para o segundo día está prevista unha visita a dúas plantacións situadas en Cerceda. As persoas interesadas poderán facer a preiscripción a través desta ligazón. O código da xornada é TT2024F115002.

Tamén se pode contactar coa organización no correo electrónico xose.antonio.meixide.fernandez@xunta.gal.

Xoves 28 de novembro

9:00 – 9:30. Inauguración

9:30 – 10:30. A organización espacial dos soutos e as variedades cultivadas.

  • Con Josefa Fernández López, doutora enxeñeira de Montes e Xenetista.

10:30 – 11:30. Sistemas produtivos de planta de castiñeiro para froito.

  • Con Manuel Míguez Villaverde de Viveiros Boibel.

11:30 – 12:00. Pausa/Café.
12:00 – 13:00. Control do cancro do castiñeiro mediante cepas hipovirulentas.

  • Con Javier Ascasíbar e Jesús Collar de Lafiga.

13:00 – 14:00. Evolución e perspectivas dos cultivos leñosos para froito, con especial referencia ao castiñeiro.

  • Con Xosé Antonio Meixide Fernández da CIAM.

Horario de Tarde: Mesa redonda

16:00 – 19:00. Marcial Lobeiras Bañobre, José Queijas Palla, José Liñares Candal. Propietarios de plantacións de castiñeiros.

  • Coordinador: Xosé Antonio Meixide Fernández (CIAM)

Venres 29. Visita a plantacións

9:00 – 14:00. Visita a dúas plantacións situadas en Cerceda

14:00. Xantar e volta en autobús ás instalacións do CIAM

cartel mabegondo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información