Xornada sobre a situación dos montes veciñais en man común

PENTAX Image

PENTAX Image

A Comunidade de Montes de Noalla, en San Xenxo, organiza o vindeiro 28 de setembro unha xornada sobre a non clasificación e a desclasificación dos montes veciñais en man común.

A xornada, que se celebrará na Casa da Comunidade Montes de Noalla en horario de 10:00 a 17:00 horas, conta coa colaboración da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM). “Estas xornadas teñen como obxectivo abordar a situación crítica dos montes que aínda non foron recuperados polos veciños, aqueles que están en trámite ou, máis alarmante aínda, os que corren o risco de volver perdelos”, explican dende a organización.

“Con máis de 3.000 comunidades de montes en Galicia, xestionando máis de 600.000 hectáreas —representando preto dunha cuarta parte do territorio galego— e implicando a máis de medio millón de persoas, a determinación para actuar é evidente. Temos a capacidade e non podemos permitir que este patrimonio colectivo se perda, e é vital coñecer e escoitar as experiencias das veciñas e veciños que traballan por recuperar ou manter os seus montes”, engaden.

Velaquí o programa:

XORNADA MONTES VECIÑAIS NOALLA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información