Xornada sobre “Retos e oportunidades para a inserción laboral da mocidade en zonas rurais”

O vindeiro, martes, 5 de abril terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal – CFEA – de Guísamo (Bergondo – A Coruña) a xornada “NÓ RURAL. Retos e oportunidades para a inserción laboral da mocidade no medio rural”.

O programa comeza ás 10:30 horas e ao longo de toda a mañá presentarase este programa de cooperación e diferentes axentes sociais falarán dos recuros, retos e das oportunidades para a inserción da mocidade no medio rural. As persoas que desexen participar poden ampliar información no 981 669 541 ou ben no enderezo electrónico diego.miranda@marinasbetanzos.gal

Nó Rural é un programa que conta co apoio da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través de Agader, e que impulsan os Gruupos de Desenvolvemento Rural Seitura, As Mariñas-Betanzos, Comarca de Lugo, Terra Chá, A Limia-Arnoia e a asociación Galicia Suroeste Eurural de Tomiño. Entre todos suman case cen concellos.

XORNADA NO RURAL EMPREGO

Promover a inserción laboral da mocidade no rural

O obxectivo principal de “Nó Rural” é promover a inserción da mocidade nas zonas rurais para o que se creou un servizo de prácticas en empresas ubicadas nos diferentes territorios que mellore, por unha parte, as competencias profesionais da xuventude e que, por outra, lle facilite o acceso ao mundo laboral a través do contacto coas empresas.

“Nó Rural pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas ao mercado laboral a través dun contacto directo coas nosas empresas do sector primario, especialmente coas máis pequenas onde poda que non haxa un relevo xeracional ou que necesiten de persoal cualificado para o seu impulso. E desta forma pretendemos que eses mozos e mozas se queden a vivir aquí, no rural”, sinala Eva González, Coordinadora do GDR Limia- Arnoia.

Co fin de coñecer as necesidades tanto das empresas como dos estudantes, estanse a realizar unha serie de enquisas nos diferentes concellos que forman os territorios que impulsan este programa.

Portal de emprego norural.gal é a dirección da páxina web do programa onde se pode atopar información de interese sobre o proxecto, datos de contacto,… e que tamén funciona coma un por-tal de emprego no se poden publicar ofertas de traballo e enviar currículums.

Ademais da área de traballo, Nó Rural contempla outras liñas de acción centradas na formación. No convenio de colaboración co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, asinado o pasado 3 de marzo, contémplase a promoción das activida- des socioeconómicas, científicas e culturais promovidas tanto polo Campus Terra de Lugo como por calquera das entidades asociadas aos GDR que impulsan o programa.

Así mesmo, o programa inclúe tamén a organización de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información