Xornadas sobre a resina e as oliveiras como oportunidades de negocio en Galicia

Dous encontros online gratuítos organizados por Agaca mostrarán en maio o potencial da extracción da resina nos piñeirais e da produción de aceite de oliva como bases para emprender un negocio no rural

piñeiros resina-apaisadaA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) ofrece, no marco da Rede Eusumo, un ciclo de Meetings formativos online co obxectivo de promover e facilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados oportunidades de negocio.

Os próximos encontros serán o 4 de maio (de 10:00 a 14:00h), relacionado coa extracción de resina, e o 6 de maio (de 10:00 a 14:00h), acerca do cultivo de oliveiras en Galicia. Durante os encontros, especialistas en resina e oliveiras explicarán as súas experiencias traballando en cada sector e o persoal técnico de AGACA presentará o proceso de acompañamento a emprendedores e as axudas públicas para o desenvolvemento de oportunidades de negocio no eido cooperativo, entre outros temas.

A inscrición pode realizarse na web www.agaca.coop ou no teléfono 981 584 783

As persoas interesadas poden inscribirse, de balde, na páxina web de Agaca ou no teléfono 981584783. Este ciclo botou a andar en marzo cos Meetings sobre cultivos coma té, cánabo, castaña e a produción de porco celta. En total, son máis de 170 as persoas emprendedoras que tomaron parte nos encontros xa realizados.

Desenvólvense no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social. Búscase non só a creación de emprego senón tamén a fixación de poboación rural.

Una idea sobre “Xornadas sobre a resina e as oliveiras como oportunidades de negocio en Galicia

  1. Juan Díaz Góngora

    Soy un propietario de olivos y tengo venta olivos , estoy interesado. Gracias

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información