O próximo 18 de novembro celebrarase a Terceira Xornada Fleckvieh España, nesta ocasión nunha das granxas máis representativas desta raza, a gandería Ametsleku, no Val de Carranza (Biscaia).
Esta xornada, que combinará conferencias e xornada de campo para ver aos animais in situ, está organizada pola Asociación de Criadores da Raza Fleckvieh de Baixa Austria – NOEGENETIK, empresa exportadora oficial geneticAUSTRIA GmbH, a Asociación de traballo da raza Fleckvieh Austria e a empresa importadora Ganados Barreira S.L.
As prazas son limitadas. É necesario confirmar asistencia antes do 9 de novembro chamando aos teléfonos 616 49 5380 ou 699 80 5181
Programa:
10:00 Rexistro de participantes
10:15 Benvida do comité organizador
10:45 Relatorio I – Dipl.-Ing. Alexander Manrique Gómez. “Fleckvieh Dobre Propósito – Unha proposta que está a cambiar o mundo”
11:15 Relatorio II – Antonio Barreira. “Criterios de selección e modo de traballo competitivo en España”
12:15 Relatorio III – Dipl.-Ing. Thomas Tüchler. “Alimentemos adecuadamente o gando Fleckvieh”
Pausa (15 min)
12:30 Relatorio IV – Stefan Mitterböck. “Avaliar correctamente a conformación do gando Fleckvieh (Sistema FleckScore) & Valorar acertadamente os seus produtos (Leite, Carne, Tenreiro, …)”
13:30 Relatorio V – Hans Kerkhof. “Vantaxes da raza Fleckvieh tanto na cría en pureza como en cruzamentos – Exemplo nos Países Baixos”
14:30 Sección de preguntas
15:00 Xantar
16:00 Visita ao establo de AMETSLEKU FLECKVIEH: Descrición e presentación da explotación gandeira e presentación de animais reprodutores
18:00 Cocktail e peche do evento
#FleckviehAustria #ItsBetter #gA&gB