O vindeiro luns, 18 de maio, celebrarase no concello lugués de Rábade unha xornada de traballo sobre a protección do gando fronte ao lobo.
A formación está organizada por Beealia e a Asociación Galega pola Gandería Extensiva e impartirase en horario de 10:00 a 13:00 horas na Casa das Ínsuas. Na xornada presentaranse os resultados da rede de ganderías extensivas pola convivencia co lobo.
Dende a organización salientan que “repasaremos gandería por gandería a súa situación e analizaremos as mellores opcións para cada caso. Animamos a participar a todos aqueles gandeiros/as que tiveran problemas co lobo e que non teñan claro a mellor maneira de afrontar con garantías a súa convivencia”.
Máis información no teléfono 641 117 437

Galego









Control OJD