Data inicio: 08/11/2019
Data fin: 08/11/2019
Lugar: Auditorio Saviñao
O próximo 8 de novembro celebrarase no auditorio do concello de O Saviñao a primeira xornada sobre “A produción de viños singulares dentro das Denominacións de Orixe: Os viños de pago”.
A xornada, de asistencia gratuíta, está organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, e co financiamento da Unión Europea a través dos fondos FEDER.
Para asistir recoméndase inscribirse enviando un correo a info@ribeirasacracourel.es, indicando o nome completo, o DNI e o lugar de procedencia.
Programa:
-18:00 horas. Inauguración a cargo de José Manuel Rodríguez González, presidente do D.O. Ribeira Sacra
-18:45 horas. “A influencia da contorna vitícola na diferenciación e calidade dos viños”. Vicente Sotés Ruiz, catedrático de viticultura da Universidade Politécnica de Madrsid e vicepresidente da Organización Internacional da Vina e do Viño.
-19:30 horas. “As Denominacións de Orixe Protexidas de Viños. A profundización na diferenciación. Normativa aplicable e procedementos”, Luís F. Leza Campos, enxeñeiro agrónomo e diplomado superior en viticultura e enoloxía.
-20:15 horas. “Unha realidade: Os viños de pago da Abadía de Retuerta”. Enrique Valero Quintana, director xeral de Abadía de Retuerta Le Domaine.
-21:00 horas: Cata de viños de pago, dirixida por Alfonso Losada Quiroga.