A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza o vindeiro 24 de xaneiro no concello lugués de Samos unha xornada sobre “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, centrada nesta cuarta edición na “Produción de vacún de calidade como alternativa”.
A xornada celebrarase na antiga biblioteca do concello de Samos e conta coa colaboración de Innogando, a Consellería do Medio Rural, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Samos.
A participación é de balde: inscricións ata o día 21 de xaneiro no correo electrónico courel169@gmail.com ou mediante chamada ou WhatsApp nos teléfonos 628713263 (Víctor) ou 686620154 (Eloi) indicando se vai participar ou non no xantar.
Velaquí o programa:

Galego









Control OJD