O Servizo de Explotacións Agrarias organiza o próximo mércores, 13 de novembro, unha xornada técnica sobre a produción de leite mediante pastoreo. Na sesión abordaranse técnicas de pastoreo, así como sistemas de transición ao pastoreo ou o manexo dos pastos, entre outras cuestións. O obxectivo da xornada é dar a coñecer as vantaxes e inconvenientes deste sistema de produción a aqueles gandeiros interesados en cambiar de modelo, así como comparar os resultados económicos da aplicación desta práctica e ofrecer claves para o seu aproveitamento.
A xornada celebrarase na Aula da Uned de Lalín, situada no polígono industrial Lalín 2000 e está dirixida a tódalas persoas que desenvolvan a súa actividade no ámbito agroalimentario. A sesión é gratuíta pero é obrigatorio inscribirse. Os interesados poden descargar a solicitude no seguinte enlace e deberán enviar o impreso cuberto a explotacionsagrarias.cmr.pontevedra (arroba) xunta.gal.
Detallamos, a continuación, o programa da xornada:
-10.00 horas. Inauguración da xornada. Persoal da Consellería de Medio Rural.
-10.30 horas. Manexo dos pastos nas granxas de leite galegas. César Resch Zafra, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam).
-11.15 horas. Certificación de leite en pastoreo. María Rey Campos. Técnica da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.
-12.00 – 12.30 horas. Descanso.
-12.30 horas. Técnicas de pastoreo. Os erros máis frecuentes que cómpre evitar. Xan Pouliquen Kerlau. Xestión Agrogandeira e Natureza.
-13.15 horas. Sistemas de transición ao pastoreo na produción de leite. Eloi Villada Legaspi. Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (Sgpf).
-14.00 horas. Mesa redonda sobre produción de leite de pastoreo coa participación de gandeiros. Moderada por Julia Pérez Pacios, xefa do Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra.
-15.00 horas. Clausura da xornada.
E non se vai falar de como acadar una base territorial abonda e nunha peza para facer esa transición, ou que ferramentas e resultados está poñendo a Xunta para acadalo? Que porcentaxe do seu orzamento adicou a Consellería a que as granxas teñan una base territorial mínima viable desde o 2009?