A comezos de decembro un grupo de gandeiros e técnicos galegos desprazáronse a Nova Zelandia para coñecer de primeira man o sistema de pastoreo e de manexo do gando das explotacións leiteiras do país, un dos principais exportadores de produtos lácteos a nivel internacional.
Como parte desta viaxe, financiada a través da colaboración entre AEDA (Asociación para a Desintensificación no Agro) e a Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, no marco da liña estratéxica de transferencia de coñecemento, o vindeiro 10 de xaneiro terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo unha xornada de presentación de resultados e conclusións na que os participantes darán a coñecer datos das distintas granxas visitadas.
Esta xornada de posta en común, que terá lugar en horario de 11:30 a 17:00 horas, é aberta ao público pero é preciso inscribirse a través do seguinte formulario. A data límite para anotarse é o 6 de xaneiro.