O Servizo provincial de Montes de Ourense leva a cabo a xornada “Os lumes que veñen (xestión forestal preventiva)”, financiada polo plan de Transferencia Tecnolóxica de AGACAL/Medio Rural. A sesión será o 20 de outubro e diríxese a persoas propietarias e profesionais forestais aos que se lles ofrecerán as claves dos cambios necesarios que se precisan na xestión forestal do futuro, para crear así territorios máis resilientes fronte aos incendios. Esta formación xorde logo de que no mes de agosto se arrasasen miles de hectáreas na provincia.
Así, da man de persoas. Expertas, abordarán temas como a prevención centrada en zonas estratéxicas de xestión, transformación da paisaxe en mosaico, lume prescrito, autoprotección etc. Dende o colectivo recalcan que a vaga de lumes se pode repetir, polo tanto “é a nosa obriga inverter todos os esforzos para que o resultado sexa diferente, reducindo os danos para as persoas e os seus bens, e para o territorio.
Para asistir é preciso inscribirse empregando o código TT2025F1320010. Para obter máis información pódese chamar ao teléfono 988 386 706 ou enviar un correo a maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal. A sesión terá lugar no Salón de Actos do Centro ISSGA de Ourense (Rúa Villaamil y Castro, s/n – A Lonia, Ourense)

Galego









Control OJD