Xornada sobre as posibilidades de produción de madeira de chopo en Galicia

Publicidade
Data inicio: 24/10/2020
Data fin: 24/10/2020
Lugar: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría - USC, Rúa Benigno Ledo, Lugo, España

plantacion de choposO distrito forestal de Lugo organiza a xornada técnica Posibilidades do chopo en Galicia, que se celebrará o sábado 24 de outubro, cunha parte teórica e outra de carácter práctico. O contido teórico desenvolverase pola mañá na sala de xuntas da EPSE de Lugo e pola tarde terá lugar unha viaxe a parcelas en Sarria e Bóveda.

O programa matinal inclúe unha explicación a cargo de Joaquín Garnica, xerente da empresa Bosques y Ríos SL, sobre os consumos industriais e os prezos en pé da madeira de chopo e das posibilidades futuras que ofrece este cultivo.

A continuación, Hortensia Sixto (do INIA) e Roque Rodríguez (da USC) falarán das parcelas de ensaio realizadas en Galicia e dos resultados obtidos con clons resistentes ao solo ácido.

Finalmente, o subdirector xeral de Recursos Forestais da Xunta, Jacobo José Aboal, explicará onde se pode plantar chopo e onde non tendo en conta a normativa forestal que regula as plantacións das distintas especies madeirables en Galicia.

O contido teórico desenvolverase pola mañá na sala de xuntas da Politécnica en Lugo e pola tarde terá lugar unha viaxe a parcelas en Sarria e Bóveda

A visita de pola tarde incluirá unha demostración de poda en altura nunha plantación de catro anos no concello de Bóveda e a visita a dúas parcelas con árbores de 12 anos de idade en Sarria.

As prazas para as visitas son limitadas e as persoas interesadas en participar deberán presentar cuberto o seguinte formulario de inscrición no distrito forestal IX (Lugo-Sarria) ou envialo por email ao enderezo electrónico xbruna@xunta.gal.

Esta acción está aprobada dentro do plan de transferencia do agro galego 2020 (2020/170) e conta coa colaboración das seguintes entidades: UXAFORES, USC e Bioredes. 

Programa completo: 

xornada aproveitamento forestal chopos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información