Xornada sobre os servizos ecosistémicos da Devesa da Rogueira, no Courel

Xornada sobre os servizos ecosistémicos da Devesa da Rogueira, no Courel

Devesa da Rogueira. / Imaxe: Asefor.

A comunidade de montes de Rogueira e Cabana, no Courel, celebra este martes 10 de marzo unha xornada para presentar o certificado de servizos ecosistémicos da Devesa da Rogueira, un dos bosques máis emblemáticos de Galicia. Con este certificado, o primeiro obtido en España e o segundo en Europa, o monte veciñal compromete unha xestión do espazo que mellore ou polo menos conserve a actual biodiversidade vexetal que presenta.

A xornada contará coa participación de Administración, Universidade, ecoloxistas e sector forestal, así como da entidade encargada da certificación do monte, Asefor (Grupo Alvariza), e do selo certificador, FSC.

Este é o programa da xornada.

Visita á Devesa da Rogueira

9:00 – 12 Visita e percorrido completo.

11:30 – 12 Visita e percorrido curto.

Xornada

12:30 – A industria forestal no contexto actual. Montserrat Rodríguez, XERA, Axencia da Industria Forestal.

12:40 – A visión dos propietarios e do Concello. Dolores Castro, Propietaria Forestal e Alcaldesa.

12:50 – Biodiversidade e produtividade forestal. Antonio Rigueiro, USC e Director da Estación Científica.

13:00 – Preservación do entorno natural. Oscar Rivas, Asociación Galega de Custodia do Territorio.

13:10 – Planeamento e xestión do entorno. Marcos Ferreira, Sistemas de Enxeñería Ambiental.

13:20 – Certificación forestal e diferenciación. Manuel Beiro, Asefor Ingeniería Forestal.

13:30 – Entrega do certificado de Servicios do Ecosistema. Genoveva Canals, presidenta FSC España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información