
Lameiros nos Ancares. Foto: SGPF
O vindeiro sábado, 31 de maio, a Sociedade Galega de Pastos e ForraxeS organiza, coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a súa X Reunión de Primavera.
A xornada celebrarase en Pedrafita do Cebreiro e estará adicada aos lameiros de montaña, un sistema ancestral para combatir os efectos das temperaturas extremas, moi valorados en Europa e incluso considerados Patrimonio Cultural da UNESCO noutras rexións, pero esquecidos en Galicia.
Neste sentido, a xornada será unha oportunidade de coñecer mellor esta auténtica obra de enxeñería formada por pequeños regatos ou canles que poden chegar a ter unha estensión de ata 3 km, e que conducen a auga ata a vexetación que se quere protexer. “Un tesouro natural que deseñaron os galegos na Alta Idade Media para aproveitar un recurso que abunda, a chuvia”, destacan dende a organización.
A inscrición é de balde e pode realizarse ata o día 26 de maio enviando un correo electrónico a sgpf.galicia@gmail.com ou chamando ao 628 71 32 63 (Vítor) ou 686 62 01 54 (Eloi).
Velaquí o programa: