Xornada sobre o sector da castaña o día 27 no Saviñao

O encontro celebrarase o 27 de setembro no Auditorio Municipal de Escairón con charlas, showcooking e mesa redonda

Publicidade
Castañas da variedade amarelante

Castañas da variedade amarelante

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, en colaboración coa Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrará o sábado 27 de setembro unha xornada 360 dedicada ao sector da castaña. O evento terá lugar no Auditorio Municipal de Escairón, no concello de Saviñao (Lugo), e dará comezo ás 9:15 horas.

O programa inclúe relatorios de expertos do sector. Miguel Ángel Vázquez de la Mata, de Viveros Castanea Sativa (O Bierzo), falará sobre iniciación á castañicultura. Pola súa parte, Antonio Rigueiro, presidente da Asociación Forestal de Galicia, centrará a súa intervención nos valores dos soutos galegos.

Tamén participará a investigadora Beatriz Míguez, do CIF de Lourizán, quen presentará os últimos avances en investigación sobre o castaño. O apartado gastronómico estará a cargo do chef Domingo González Lorenzo, do Hotel Balneario Caldaria, con un showcooking e degustación.

A análise da situación actual do sector correrá a cargo de Manuel López, secretario da IXP Castaña de Galicia. A xornada pechará cunha mesa redonda sobre os retos e perspectivas de futuro, coa participación de representantes de diferentes entidades e produtores.

A inscrición está limitada a 50 persoas, cun custo de 20 euros, e poderá formalizarse ata o 22 de setembro nos teléfonos 661952289 e 630054464.

xornada castiñeiros 1 xornada castiñeiros 2 xornada castiñeiros 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información