Xornada sobre o mobiliario para persoas maiores, unha oportunidade para a industria do moble

Xornada sobre o mobiliario para persoas maiores, unha oportunidade para a industria do moble

A Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, programou para este xoves 28 unha xornada online sobre o mobiliario deseñado para o coidado de persoas maiores. Trátase dun nicho de mercado que pode representar unha oportunidade de negocio para o sector do moble de Galicia, segundo se conclúe dun estudo de mercado realizado por XERA en colaboración coas empresas do sector.

O programa da xornada é o seguinte:

10 h. – Inauguración.

Rocío Mosquera, presidenta do Clúster da Saúde.

José Ignacio Lema, director de XERA.

10:10 h. – Presentación do estudo de mercado do mobiliario para seniors

Eliana Benjumeda, Managing Director de Infoline Insight & Foresight

Mario Esteban, Managing Director de Infoline Insight & Foresight

11:40 h. – Mesa redonda: mobiliario para seniors ¿unha oportunidade para Galicia?

Modera: Rocío Mosquera, presidenta do Clúster da Saúde

Ricardo González, xerente do Clúster da Madeira

Lucía Saborido, directora de Saraiva

Eliana Benjumeda, Managing Director de Infoline Insight & Foresight

Mario Esteban, Managing Director de Infoline Insight & Foresight

12:00 h. – Preguntas dos asistentes.

12:15 h. – Fin da xornada.

Para asistir ó evento, que se desenvolverá por videoconferencia, hai que inscribirse antes neste formulario. A actividade vai dirixida principalmente a empresas do sector do moble e do contract.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información