Xornada sobre “O lobo e o seu conflito: da normativa ao diálogo”

Publicidade
Data inicio: 20/06/2015
Data fin: 20/06/2015
Lugar: Calle José Pardo, 20, 27370 Rábade, Lugo, España

O vindeiro 20 de xuño no C.E.N Casa das Insuas, en Rábade (Lugo) celebrarase unha xornada sobre coexistencia de lobo e gandeiría, organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Deputación de Lugo, baixo o título “O lobo e o seu conflito: da normativa ao diálogo”.

O lobo ao igual que outros depredadores xera conflito coa gandería ao causar danos contra os intereses económicos humanos. Nunha gran parte dos casos, os danos concéntranse en sistemas de aproveitamento gandeiro extensivo, moitos deles de alto valor natural e de interese para a conservación.

Esta xornada pretende ser unha mesa de diálogo entre algunhas das partes implicadas na conservación da especie, onde se expoñerán as distintas percepcións do “conflito” ou da situación da especie e se debaterán propostas para avanzar cara unha responsabilidade compartida na xestión e conservación do lobo.

PROGRAMA

-10:00 h. Presentación

-10:15 h. Encadre normativo do lobo. Luis Llaneza, ARENA S.L

-10:45 h. A importancia da gandeiría na xestión do lobo. J.Vicente López-Bao, Unidad de Biodiversidad (UO/CSIC/PA), Universidad de Oviedo.

-11:30 h. Pausa café

-12:00 h. Gandeiros e lobos: Interesados en presionar, obrigados a coexistir. Joan Alibés, Beealia.

-12:45 h. A visión dende os cazadores. Antonio Mota, UNITEGA-UNAC

-13:15 h. Debate-diálogo

-14:30 h. Fin da xornada.

Inscricións en www.deputacionlugo.org (http://goo.gl/TUrQ5L)

Máis información en: custodiadoterritorio@gmail.com ou no tfn: 620593892

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *