Xornada sobre o eucalipto organizada pola Deputación de Lugo

Vinte expertos analizarán o próximo mércores 29 de marzo os retos de xestión da especie na comunidade desde o punto de vista ambiental, social e económico

Publicidade
Xornada sobre o eucalipto organizada pola Deputación de Lugo

A regulación do eucalipto proposta pola Xunta está a xerar un debate sobre a xestión da especie.

Data inicio: 29/03/2017
Data fin: 29/03/2017
Lugar: Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos, Lugo, España

A Deputación de Lugo programou para o próximo mércores 29 de marzo unha xornada para analizar os retos de xestión do eucalipto, centrándose no caso da provincia de Lugo e máis especificamente no ámbito da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Participarán no evento unha vintena de expertos, entre os que figuran profesores universitarios, técnicos da Xunta, ecoloxistas, Concellos implicados e representantes do sector forestal e madeireiro.

Para asistir ó evento hai que inscribirse previamente a través da web www.deputacionlugo.com. Hai 132 prazas dispoñibles para asistir ás xornadas e resulta previsible que se esgoten, tendo en conta o debate que está a xenerar nas últimas semanas a posible regulación da especie a nivel autonómico. O borrador de decreto presentado pola Xunta prohibiría a plantación da especie en 21 concellos do interior de Lugo e na provincia de Ourense.
 

Programación

A xornada está organizada en tres mesas redondas, con múltiples intervencións, que darán paso a un debate final. A programación é a seguinte:
 
Mesa redonda “A política forestal nun territorio en cambio.” 10:00–12:00h.
Moderador: Pablo Ramil Rego, Director do IBADER – USC.
Participantes:
· Olga Iglesias Fontal, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Rural
· Xoan Novoa Rodríguez, Comisario da Confederación Hidrográfica Miño-Sil
· Mario Rouco Rey, Concelleiro e 2º Tenente Alcalde do Concello de Muras
·Manuel Francisco Marey Pérez, enxeñeiro de Montes e profesor doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC.
· Juan Castro Insua, enxeñeiro agrónomo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
· Roberto J. Hermida Lorenzo, Presidente Asociación Galega de Custodia do Territorio.
 
Mesa redonda “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto”. 12:30–14:30 h.
Moderador: Jesús Domínguez Conde, técnico do Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e profesor doutor da USC.
Participantes:
· Antonio Rigueiro Rodríguez, Vicepresidente de Relacións Institucionais da Asociación Forestal de Galicia
· Adolfo Cordero Rivera, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo
· Roque Julio Rodríguez Soalleiro, Coordinador do Grupo de Traballo de elaboración das directrices do Plan Forestal de Galicia
· Jacobo Feijóo Lamas, Secretario Xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega– ASEFOGA
· Margarita López Blanco, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Ambiente e Ordenación Territorial
· Adela Figueroa Panisse (ADEGA)

 Mesa redonda “Propostas de futuro para a xestión”. 16:30–18:30 h.
Moderador: Alberto Rojo Alboreca, enxeñeiro de Montes e profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC.
Participantes:
· José Manuel Yglesias Espiño, Presidente da Comunidade dos Montes Veciñais en Man Común de Carballo – Friol
· Daniel Villapol Valea, vogal da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo
· Ramón Reimunde Noreña, Presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Galicia, Promagal
· José Manuel Reguera Pereira, Presidente da Asociación dos Productores dos Montes de Castroverde e da Comunidade de Montes de Mirandela
· Representante do Departamento de Conservação da Natureza e Florestas do Norte do ICNF (Portugal)
· María Concepción Blanco Montecelos, representante da Asociación de Mulleres Rurais Fonte da Xonza
 
Conclusións finais. 18:30 – 19:30 h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información