O Concello de Lourenzá celebra o sábado 28 unha xornada sobre o castiñeiro de froito para coñecer as súas necesidades e ter árbores sans. Trátase dunha charla especializada impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, con explicacións de cuestións prácticas e técnicas sobre o seu cultivo.
A xornada está organizada polo Sindicato Labrego Galego e colabora o Concello. A entrada é de balde.
O horario previsto é de 10h a 13h.
Galego





Control OJD