A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos organiza a xornada “´CÁLCULO DA PEGADA DE CO2 NAS ACTIVIDADES PRODUTIVAS AGRARIAS”, que se desenvolverá o vindeiro 15 de outubro na aula da natureza Juan Lembeye (Xardín Botánico de O Burgo)
Contidos do curso:
-A pegada de CO2 e a pegada ecolóxica.
-Ferramentas para o cálculo da pegada de CO2 nas explotacións agrarias.
-Estratexias de redución e compensación.
-Casos prácticos.
Imparten:
-Rafael Rivadulla. Agronovo
-José Luis Cortiñas González. Enxeñeiro Agrónomo
Persoas destinatarias:
-Agricultores/as en activo.
-Persoas responsables e traballadoras de empresas agroalimentarias.
-Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
-Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
-Persoas responsables e traballadoras de empresas turísticas.
Horario:
De 9.30 a 14.30 horas.
Duración: 5 horas
Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/formacion-2021/Formulario%20solicitude%20de%20asistentes%20(word)%20(2).docx
As solicitudes enviaranse cubertas a diego.miranda@marinasbetanzos.gal
ou , preferentemente, por sede electrónica a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=gl
Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2021, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.