Xornada sobre novas tecnoloxías aplicadas ao sector vitivinícola

Publicidade
Xornada sobre novas tecnoloxías aplicadas ao sector vitivinícola

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (AGACAL-EVEGA) organiza este xoves, 21 de xaneiro, unha xornada online de difusión do proxecto VINIoT.

O obxectivo principal do evento é dar a coñecer solucións baseadas en TIC aplicables ao sector vitivinícola. En concreto, presentaranse os avances no desenvolvemento do servizo VINIoT (servizo de viticultura de precisión baseado en rede de sensores IoT), un servizo que resultará clave para a transformación dixital de PEMES.

Ademais presentaranse outros avances e actividades do Proxecto VINIoT tras o seu primeiro ano de andaina, intercambiaranse experiencias cos participantes e debaterase sobre as necesidades e os principais retos do sector vitivinícola.

Esta xornada está especialmente dirixida a directivos, investigadores, responsables de enxeñaría, técnicos e outros profesionais de produción, I+D+i, deseño, loxística, así como sistemas de empresas industriais relacionadas principalmente co sector vitivinícola.

Programa:

-9.45 a 10.00. Rexistro

-10.00 a 10.15. Benvida ao evento de difusión do Proxecto VINIoT. José Luís Cabarcos Corral, Director AGACAL

-10.15 a 10.35. Presentación do Proxecto VINIoT: Rocío Pena, representante de AIMEN, e Emilia Díaz, investigadora da AGACAL-Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

-10.35 a 10.55. Servizo VINIoT Helpdesk: Canle de comunicación e interacción. Tamara Rodríguez, FEUGA

-10.55 a 11.30. Pausa – café

-11.30 a 12.15. A Viticultura en Galicia: tradición e futuro. Jose Manuel García Queijeiro, UVIGO

-12.15 a 13.00. A agricultura 4.0 do viñedo galego: xestión da auga. Javier J. Cancela, USC

-13.00 a 13.15. Dúbidas e Preguntas

-13.15 a 13.30. Conclusións e clausura

Rexistro na xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información