Xornada sobre mellora na planificación e comercialización das produccións ecolóxicas

Publicidade

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza unha Xornada técnica sobre “Mellora na planificación das producións ecolóxicas e organización da distribución de cara aos ecocomedores, e sistemas de rega en producións hortícolas ecolóxicas”, que se desenvolverá o vindeiro día 29 de outubro.

Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia. 

Contidos do curso:

Planificación de producións hortícolas en ecolóxico, para a coordinación con outros produtores e clientes.

Alternativas de variedades e ciclos para a produción escalonada.

Claves na organización da loxística de distribución: recollida, preparación de pedidos e entrega ao cliente.

Coordinación entre os produtores agroalimentarios e os clientes (comedores escolares e de empresas, restauración, outros clientes, etc.).

Mellora na xestión dos sistemas de rega: doses, frecuencias e momentos da rega; programadores; fertirrigación en agricultura ecolóxica; aproveitamento da auga da choiva.

Persoas destinatarias:

Agricultores/as activos/as.

Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.

Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.

Nº prazas: 15

Horario:

De 9.00 a 15.00 horas

Duración: 6 horas

Lugar de realización:

Aula Multimedia do Concello de Abegondo (San Marcos. Abegondo) – Localizador: https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7  

Inscrición:

As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/Formulario_solicitude_de_asistentes.odt 

As solicitudes presentaranse en:

Se poderá enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: diego.miranda@marinasbetanzos.gal ; info@marinasbetanzos.gal

SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es 

No caso de facer a inscrición a través da Sede Electrónica, agradecemos que lles envíen copia ao correos electrónicos indicados.

XORNADAS MELLORA PRODUCION ECOLOXICO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información