Xornada sobre maquinaria de precisión para a colleita e ensilado de forraxe

O CFEA de Sergude acollerá o vindeiro mércores unha xornada técnica de carácter demostrativo sobre os últimos avances tecnolóxicos para a sega, hilerado, picado e ensilado de herba

ensilado herba FendtO CFEA de Sergude acollerá o vindeiro mércores 15 de abril unha xornada sobre manexo de maquinaria de precisión para a colleita e ensilado de forraxe como alimento do gando.

Esta xornada técnica formativa de carácter demostrativo e práctico sobre a utilidade de maquinaria de precisión de última xeración tecnolóxica para a sega de herba, estendido, hilerado, picado, empacado e encintado, así como para o abonado das pradeiras.

O programa será o seguinte:

1º- Estudo do estado vexetativo das plantas da parcela mediante un DRON multiespectral con cámaras térmicas e de análise do cultivo.

2º- Sega e estendido da herba da parcela mediante tractor con autoguiado GPS.

3º- Hilerado da herba con GPS e máquina hileradora con control de sección.

4º- Picadora, rotoempacadora e encintadora con cámara variable de alta densidade, para obter pacas de distintos tamaños, picado con 32 coitelas e adaptador de lonxitude de fibra. Encintado 3D para conseguir unha distribución homoxénea do plástico, un selado perfecto para unha conservación óptima e a utilización das capas de plástico necesarias en función da humidade do forraxe e o tempo previsto de almacenamento.

5º- Apilado dos bolos mediante pala telescópica con pinza hidráulica multifunción.

6º-Aplicación localizada con DRON DJI de abono foliar ou sólido segundo as necesidades previstas das distintas zonas da parcela. Transporte de carga de ata 100 kg.

Trátase dunha xornada dirixida ao alumnado do centro e a aqueles gandeiros en activo que queiran participar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información