Xornada sobre manexo de pastos mediante gandería rexenerativa

O vindeiro venres, 4 de decembro, celebrarase na Casa da Cultura de Ordes unha xornada sobre manexo do pasto mediante gandería rexenerativa.

Baixo o título “Gandería rexenerativa: Un cambio de paradigma”, a formación está organizada pola Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o Concello de Ordes e o apoio da Deputación da Coruña.

Programa:

10:00 a 14:00 horas: Parte teórica, impartida por Antonio Tucci, biólogo ambiental, gandeiro, máster en agricultura e gandería ecolóxicas. Ten impartido cursos sobre gandería rexenerativa, manexo holístico e leva anos asesorando a granxas.

16:00 a 20:00 horas: Parte práctica, impartida polo gandeiro José Manuel Santín Caloto. Dende os 18 anos xestiona a granxa leiteira familiar en Baralla (Lugo), pasando dun modelo intensivo a outro agroecolóxico baseado no pastoreo rexenerativo.

Para máis información e inscricións chamar ao 981682 908 ou enviar un email a ordes@sindicatolabrego.com

GANDERIA REXENERATIVA CURSO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información