Xornada sobre a loita contra a avespiña do castiñeiro en Lourizán

Xornada sobre a loita contra a avespiña do castiñeiro en Lourizán

Castiñeiros afectados pola praga da avespiña.

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) acolle o próximo 22 de novembro unha xornada sobre a loita contra a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) en Galicia. Na sesión abordarase a situación actual da praga así como as medidas que se están a levar a cabo para afrontala por medio da loita biolóxica, con Torymus sinensis. Tamén se detallará as conclusións sobre variedades resistentes ás que está chegando o centro de investigación de Lourizán.

Outro punto de interese do evento é que se coñecerá a experiencia italiana na loita biolóxica contra esta praga. A sesión contará tamén coa participación de distintos representantes do sector produtor da castaña en Galicia.

A xornada celebrarase na sala de actos do centro en horario de 10.00 a 13.30 horas. Está dirixida a produtores e empresas relacionadas co sector da castaña así como a viveiros produtores de plantas, comunidades de montes e ó público en xeral. A inscrición é gratuíta pero o aforo é limitado e a matrícula farase por orde de recepción de solicitudes. O formulario de inscrición debe remitirse ó enderezo electrónico infolourizan.mr (arroba) xunta.gal.

Detallamos o programa da xornada:

-9.45 horas. Presentación. Enrique Martínez Chamorro. Director do CIF Lourizán (Agacal). Josefa Fernández López, xefa do Departamento de Silvicultura e Mellora do CIF – Lourizán (Agacal).

-10.00 horas. A avespilla chinesa do castiñeiro (Dryocosmus Kuriphilus) en Europa. Revisión dos principais estudos científicos desenvolvidos para coñecer e combater a praga.

-10.30 horas. Niveis de tolerancia á avespilla do castiñeiro nas principais variedades galegas de froito e híbridos interespecíficos. Aplicación á mellora xenética. Beatriz Míguez Soto. CIF- Lourizán (Agacal).

-11.00 horas. A loita biolóxica contra a avespilla do castiñeiro en Galicia. Situación actual e plan de seguemento das soltas de Torymus sinensis. Martel Muñoz-Cobos, xefe de servizo de Saúde e Vitalidade do Monte. Planificación e Ordenación Forestal. Consellería de Medio Rural.

-11.30 horas. Pausa.

-12.00 horas. Descrición xeral e control biolóxico da avespilla do castiñeiro en Italia. Alberto Alma. Universidade de Turín. Italia.

-12.30 horas. Táboa redonda con representación do sector produtor da castaña e da IXP castaña de Galicia. Cooperativa A Carqueixa, Cooperativa Amarelante, Asociación A Castaña, IXP Castaña de Galicia.

-13.00 horas. Visita ó viveiro do CIF- Lourizán.

– Olla o cartel da xornada.

-Descarga a solicitude para a inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información