Xornada sobre a incidencia no agro da Lei do Solo de Galicia

Lugo acolle este martes unha charla organizada pola Oficina Agraria Comarcal para analizar o impacto da nova normativa no sector agrario

Publicidade
Data inicio: 13/12/2016
Data fin: 13/12/2016
Lugar: Ronda da Muralla, 70, Lugo, España

O edificio multiusos da Xunta en Lugo acolle este martes unha xornada técnica adicada a analizar o impacto no agro da Lei do Solo de Galicia (Lei 2/2016). A sesión, organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo, estará impartida pola secretaria interventora do Concello de Becerreá, Ana María Rivas García. Desenvolverase a partir das 17 horas (as cinco da tarde) na aula 1 da segunda planta do edificio multiusos da Xunta, ubicado na Ronda da Muralla.

A xornada prevé abordar cuestións como a modificación do réxime urbanístico do chan ou a adecuación á normativa medioambiental. A asistencia á charla é gratuita, se ben cómpre inscribirse antes por correo electrónico escribindo a oac.seca.lugo@xunta.gal ou a jose.rocha.grande@xunta.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información