As secas do verán son un dos problemas máis habituais que sofre o cultivo do millo forraxeiro en Galicia. É ademais previsible que co cambio climático, a escasez de chuvias no periodo estival se poida intensificar, o que representa un desafío para as granxas.
Para abordar as estratexias que poden paliar o impacto das secas no millo, Campo Galego programou unha xornada online o próximo mércores 24 na que intervirán técnicos e investigadores para contar as súas experiencias e ensaios.
Data: Mércores, 24 de marzo de 2021
Horario: 11.30 – 13 horas.
Inscripcións: https://www.campogalego.gal/xornada-online/
Programa
11.30 h. – Obtención de híbridos de millo adaptados a secas estivais.
Henrique Teixeira (Mas Seeds)
11.45 h. – Impacto das secas estivais no millo en Galicia: situación e perspectivas.
Gonzalo Flores (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)
12 h. – Experiencias de campo na xestión das secas no millo.
– José Manuel Rodríguez Medeiros. Xefe de marketing e vendas de Aira SCG.
– Adrián Cundíns. Xerente de Ganxabar (Mazaricos, A Coruña).
12.30 h. – Consecuencias das secas na calidade dos silos de millo. Que facer?
Rubén Laria. Veterinario de Clun especializado en nutrición de vacún de leite.
12.45 h. – Preguntas asistentes.
13 h. – Peche