Xornada sobre “Escenarios para a produción de leite en Galicia”

Publicidade
Data inicio: 18/12/2019
Data fin: 18/12/2019
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa organiza para o vindeiro mércores, 18 de decembro, unha xornada sobre “Escenarios para a produción de leite en Galicia”.

Nela participarán diversos expertos que exporán cales son as tendencias do que pedirá o mercado de produtos lácteos no futuro, e retos como o da xestión da man de obra asalariada nas ganderías.

Programa:

09:45 horas: Presentación da Xornada e do programa a cargo de José Manuel Rodríguez Suárez. Director Segmento Agrobank, Territorial Galicia

10:00 horas: “A forza que impulsa o desenvolvemento agrario en Israel”. Samuel Epstein. BILAV Global Trade

10:40 horas : “A vaca do futuro ¿que aporta a xenómica?”. Mauricio de los Santos. Xenética Fontao SA.

11:20 : Pausa – Café

11:50 horas: “Certificacións de calidade na xeración devalor nas gandeirías”. Francisco Rivas. Asesor Agropecuario Nestlé España e Alicia Hernansanz, Técnico de CILAE (Entrepinares polo Ciclo Lácteo Eficiente)

12:50 Mesa Redonda: “Caracterización do emprego nas gandeirías”. Modera: Xoán Ramón Alvite. La Voz de Galicia. Participan:

-Angel Miranda. Asesor de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas )

-Miguel Montero. Finca La Asunción (Touro)

-Juan José Freire. Técnico da CAP (Cooperativa Agraria Provincial da Coruña)

14:00: Descubrimento de placa na Sala Joaquin Herreros

Inscrición: fonteboa@efagalicia.org ou chamando ao 981 733 051

xornada fonteboa leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información