
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) organiza para este xoves en Arzúa unha xornada de demostración sobre “Redución de fitosanitarios no cultivo de millo a través da escarda mecánica”.
A política agraria europea leva anos establecendo unha liña de produción sostible e respetuosa co medio ambiente. Con esta acción preténdese realizar unha demostración coa maquinaria específica para reducir ou evitar o emprego de fitosanitarios, en concreto herbicidas, no cultivo do millo aínda que perfectamente se podería extrapolar a outros cultivos.
O estado do terreo, a regulación da maquinaria en función do estado, a velocidade de traballo, son claves para un bo control das herbas non desexables.
Ademáis, os traballos débense realizar no momento en que a herba se esté implantando xa que unha vez desenvolta a raíz, os traballos baixan considerablemente a súa eficacia.
Programa:
10:20-10:30 h: Presentación da xornada
10:30-11:30 h: Presentación do ensaiado nos últimos anos. A preparación do terreo como clave do éxito. Problemas xurdidos e solucións implementadas
11:30-12:00 h: Presentación dos equipos
12:00-12:45 h: Demostración en campo 1. A aixada rotativa arrastrada
12:45-13:30 h: Demostración en campo 2. A binadora
13:30-14:15 h: Demostración en campo 3. A gradilla de púas
14:15-14:30 h: Posta en común das impresións
A xornada ralizarase nunha parcela da parroquia de Oins, en Arzúa. A localización é a seguinte: 42°57’55.3″N 8°15’22.4″W
Para máis información chamar ao 981-546790 ou escribir a celso.lorenzo.hermida@xunta.gal
Pódese realizar a inscrición nesta ligazón:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
Galego









Control OJD