Xornada sobre drons e innovación rural

dron estandar xulloO vindeiro xoves, 27 de febreiro, o Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), organiza unha xornada sobre emprego de drons e innovación no rural.

A xornada está dirixida a emprendedores, empresarios, profesionais e estudantes, esta actividade ofrece unha visión das oportunidades que os drons brindan para mellorar a competitividade, produtividade e sustentabilidade das explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.

A través de presentacións teóricas e demostracións prácticas, os participantes descubrirán as posibilidades destas tecnoloxías nas súas actividades diarias. Aprenderán a monitorizar cultivos, xestionar recursos e aplicar solucións intelixentes que optimicen os procesos produtivos. Ademais, a xornada proporciona unha plataforma para establecer contactos, intercambiar ideas e explorar colaboracións futuras, fomentando así un ecosistema de innovación e emprendemento no rural.

A xornada impartirase no Centro Social Intergeneracional de A Rocheira (Coristanco) https://maps.app.goo.gl/sGEDk2DraEAnSA4ZA. Empregarase o Campo de Futbol que está ao lado para as probas prácticas cos drons.

Na organización colaboran Aerocámaras Especialistas en Drónica (aerocamaras.es), DJI Agricultura Ibérica (djiagriculturespain.com) e Cultivdron (cultivdron.com/)

Rexistro na xornada: Drons e Innovación Rural

Velaquí o programa:

cruso dron rural EFA FONTEBOA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información