Xornada sobre dixitalización na aplicación de xurro o mércores 13 de maio en Lugo

DIGIPURIN tubos colgantes1A Granxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea (Lugo), será o escenario o próximo 13 de maio dunha nova edición da xornada DigiPurin, un encontro técnico dedicado a mostrar as últimas innovacións na aplicación e xestión dixital do xurro. A cita, organizada polo grupo BioModem da USC en colaboración co Centro de Competencias Dixitais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación reunirá a técnicos, gandeiros e empresas do sector agrogandeiro interesados en mellorar a eficiencia e sustentabilidade desta práctica clave para o aproveitamento de nutrientes nas explotacións.

O programa, que se desenvolverá de 10.00 a 15.00 horas, combina demostracións de campo e sesións prácticas sobre ferramentas de dixitalización e control técnico. Entre os contidos destacan os sistemas de aplicación de xurro con baixas emisións, a medición de nutrientes mediante sensores —como a tecnoloxía NIRS ou a condutividade eléctrica— e o uso de software de rexistro e rastrexabilidade para documentar todo o proceso de fertilización. Tamén se presentarán os resultados obtidos cos proxectos PurinPreciso e Agrolab_Biogal, dous grupos operativos nos que se traballou na análise de nutrientes de xurro con sensores instalados nos tanques de distribución.

Durante a xornada, os asistentes poderán observar distintos equipos de aplicación, desde sistemas de prato de choque ata barras con tubos colgantes ou patíns, e comprobar como as ferramentas dixitais permiten optimizar o uso dos xurros segundo a súa composición e as necesidades do cultivo.

A iniciativa forma parte das actividades demostrativas organizadas polo Centro de Competencias Dixitais, que busca achegar a dixitalización ao sector mediante demostracións prácticas en diferentes puntos de España. O seu obxectivo é mellorar a eficiencia dos recursos e reducir o impacto ambiental, aliñándose coas políticas europeas de sustentabilidade agraria.

A participación na xornada é gratuíta, aínda que require inscrición previa, xa que as prazas están limitadas a 50 persoas. O prazo de inscrición na actividade xa está aberto. Máis información e rexistro en www.digipurin.com

programa digipurin 26 1 programa digipurin 26 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información