Xornada sobre a dixitalización da xestión das explotacións agrogandeiras

O taller terá lugar o 10 de setembro nas instalación da Agaca e abordará o proceso da dixitalización do mundo rural

Xornada sobre a dixitalización da xestión das explotacións agrogandeiras

O proceso de dixitalización do mundo rural fundaméntase na utilización de novas tecnoloxías co obxectivo de mellorar a rendibilidade das explotacións, o benestar/saúde dos animais e a calidade de vida de gandeiros e gandeiras.

Con esa idea, o 10 de setembro, de 10:30 a 14:30 horas, terá lugar a xornada ‘Dixitalización da xestión das explotacións agrogandeiras. Dos libros de explotación ao caderno dixital’. Será nas instalacións de Agaca, en Santiago de Compostela.

A xornada é de especial interese para profesionais da agricultura e a gandería, membros de cooperativas, persoal de centros de subministracións e organizacións profesionais agrarias, grupos operativos de desenvolvemento rural. É conveniente ter coñecementos básicos de informática e das aplicacións gandeiras.

Obxectivos
A finalidade deste curso é comprender a lexislación actual en materia do caderno de campo dixital, o libro de explotación, de tratamentos e as receitas electrónicas. Tamén identificar e comparar distintos provedores de cadernos de campo dixitais e libros, analizando as vantaxes e inconvenientes de cada provedor.

Outro dos obxectivos é aprender a configurar e personalizar cadernos de campo dixitais e libros de rexistros. Así como desenvolver habilidades no rexistro, integración de datos e seguimento de información relevante. Búscase capacitar na extracción e integración de datos con outras fontes de información como son os datos do sistema integral de xestión de explotacións -SIGE-, a oficina agraria virtual -OVGAN- e incluso de datos obtidos polos sistemas de monitorización do gando e das explotacións.

Finalmente, explicaranse as vantaxes deste proceso de dixitalización e da aplicación das novas tecnoloxías de smart farming para o futuro destas ganderías.

Desenvolvemento do curso
A formación comprenderá sesións teóricas que abordarán os requisitos e cambios normativos vinculadas a ferramentas dixitais no ámbito agrario. Cun enfoque eminentemente práctico, integraranse exemplos e aplicacións concretas, proporcionando ás persoas participantes coñecementos sólidos e habilidades prácticas esenciais para a xestión eficiente de explotacións agrícolas mediante ferramentas dixitais. Este enfoque equilibrado garantirá unha comprensión integral e a capacidade de aplicar de maneira efectiva os conceptos aprendidos en contornas reais.

A sesión será impartida por Raúl Marcos, de Arza Ingeniería; Jesús Cantalapledra, veterinario da Consellería do Medio Rural; Gerardo Rivero, veterinario da Consellería do Medio Rural e Elio López, CEO de Innogando.

Para asistir é preciso facer previa insrición.

Programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información