Data inicio: 26/11/2022
Data fin: 26/11/2022
Lugar: Estación Científica do Courel - USC, LU-651, Seoane do Courel, España
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Agacal-Ciam) organiza mañá sábado, día 26, unha xornada sobre a Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras. A sesión celebrarase na Estación Científica do Courel (Lugo).
A xornada está dirixida a gandeiros e agricultores, asesores agroambientais, xestores da PAC, estudosos nos eidos agropecuario e ambiental así como a técnicos e representantes das Administracións Públicas e público interesado.
As solicitudes de inscrición deben enviarse a través deste formulario online.
Detallamos a continuación o programa da xornada:
10.00 – 10.15 horas: Apertura da xornada.
Juan Castro (coordinador da actividade).
10.15 – 10.45 horas: O manexo tradicional dos prados e a conservación da diversidade botánica. Protocolo de actuación.
Eva Martinez Veiga. Bióloga especializada na restauración e conservación de flora ameazada.
Iván Rodríguez Buján. Biólogo especializado na caracterización, conservación e xestión de flora.
10.45 – 11.45 horas: “Miñocas e outros anélidos nos solos do Courel: diversidade e avaliación”:
Rüdiger Schmelz. Doutor en bioloxía e investigador independiente.
11.45 – 12.15 horas: Pausa
12.15 – 13.45 horas: Práctica de laboratorio da mostraxe de miñocas e outros anélidos, como bioindicadores da calidade do solo.
13.45 – 14.00 horas: Peche da xornada